Nacemento:
Morte:
Carabineiro. Veciño de Madrid. Xeneral de brigada do Corpo de Carabineiros. No ano 1936 tiña o seu destino na Sección de Carabineiros do Ministerio de Facenda, en Madrid.
Procesado.
O día 19 de xullo, cando se dirixían de Pontevedra á Coruña, persoas das esquerdas detiveron en Ordes (A Coruña), ao xeneral do Corpo de Carabineiros Aurelio Rodríguez Ocaña xunto co seu axudante o comandante do Corpo de Carabineiros Eliseo Subiza Puigcercós, no entendemento de que se trataba do xefe golpista José Sanjurjo Sacanell.
Ao xeneral Rodríguez Ocaña e a Subiza Puigcercós trasladáronos a Santiago de Compostela (A Coruña) diante do Comité de Defensa da República, onde non sofren ningunha violencia sobre das súas persoas ao acreditar que viaxaban en comisión do Ministerio de Facenda.
Permaneceron detidos nos baixos do Pazo de Raxoi para a súa seguridade e liberáronos os sediciosos o día 21 seguinte.
Por parte dos militares sublevados sempre houbo algunha sospeita sobre a actuación destes militares, aos que algúns acusaron de estar implicados na fuga de moitos dos carabineiros fuxidos desde a zona de Noia (A Coruña). Remataron inculpados nunha causa militar na Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.