Nacemento:
Morte:
Industrial e político, 40 anos. Casado cunha veciña de Santa Cruz de Mondoi, Oza dos Ríos (A Coruña), María López Lendoiro; non tiñan fillos. Veciños de Caborana, Aller. Tiñan un comercio de tecidos, ultramarinos e consumo xeral.
Concelleiro socialista no seu concello desde o ano 1922. Militante da Agrupación Socialista (AS) de Caborana. Alcalde de Aller polo PSOE de 1932 a 1936.
Arrestárono e procesárono pola súa suposta participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, que Florentino negou; condenárono a 12 anos e un día de cadea.
Paseado.
Achábase de vacacións coa súa dona en Mondoi, na casa dos seus sogros, cando se produce o golpe de Estado. Detido na noite do 21 ao 22/09/1936, seguramente por mor dunha delación de Bugallo, un veciño da casa dos seus sogros e que era das dereitas.
Nesas datas tamén prenderon en Santaia de Paderne o alcalde de Oza dos Ríos, Marcial Villaverde Viqueira, que andaba agochado.
Marcial e Florentino, con outras persoas, finaron paseados o día 23/09/1936. Os lugares de paseo habituais da zona eran a Costa do Sal e O Mesón do Vento. Marcial Villaverde, logo dunha pelexa cun garda, logrou fuxir.
A Florentino e a outros compañeiros fusiláronos nas veiras da Nacional VI, dentro do concello de Aranga, onde se rexistra a súa morte por mor de disparo de arma de fogo; roubáronlle un anel de ouro, un reloxo de ouro e os cartos que levaba enriba.
Morte rexistrada en Aranga por mor de disparo de arma de fogo; o xuíz sinala que se descoñece aos autores e ditou auto de sobresemento o 26/10/1936.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de San Lourenzo de Vilarraso, Aranga.
A súa dona recoñeceu o seu cadáver cando se reabriu o sumario a finais de 1940.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.