Nacemento:
Morte:
Político. Casado. Veciño de Santa Cruz de Mondoi. Tiña tres irmáns: Miguel, Marcelino e Rafael.
Militante do PSOE. Na II República era vogal da Agrupación Socialista (AS) de Betanzos (A Coruña). Alcalde de Oza dos Ríos desde marzo de 1936 polo PSOE; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Fuxido.
Despois do triunfo da sublevación militar fuxiu e agochouse.
Escondeuse nunha casa de Santaia de Probaos, Cesuras (A Coruña), con outras persoas; alí prendéronos un grupo de falanxistas e de gardas civís de Betanzos, por mor dunha denuncia. A familia de Marcial tiña de veciños aos Leis (donos do pazo e das terras que os Villaverde traballaban), aos Bugallo (cuñado de Leis) e ao cura Alfredo (sobriño de Bugallo), todos das dereitas e unidos desde o primeiro momento ao Movimiento Nacional.
Nesas datas tamén detiveron en Santa Cruz de Mondoi a Florentino Rodríguez Palacios, alcalde de Aller (Principado de Asturias) e que casara cunha muller de Mondoi, probablemente tamén por unha delación de Bugallo.
A Marcial e a Florentino, con outras persoas, paseáronos o día 23/09/1936. Os lugares de paseo habituais da zona eran a Costa do Sal e O Mesón do Vento. Cando o levaban pasear Marcial enfrontouse ao garda Sebastián, botoulle a man ao fusil que disparou cara arriba e aproveitou para escapar. Cruzou o río Mandeo por varias veces, magoouse cos espiños das aramadas e perdeu a roupa. Pediu axuda a dúas mulleres que atopou para conseguir unha muda. Fuxido unha tempada en Mántaras, Coruxou e Areas, no concello de Irixoa (A Coruña) porque a súa dona era de por alí.
Regresou á súa casa de Santa Cruz de Mondoi e agachouse durante sete anos. No fondal da horta inmediata á súa casa fixo unha cova que tiña unha saída á estrada para así poder vixiar. Á cova accedíase por un túnel duns 30 metros de longo, que daba a un alpendre da casa onde tiñan o forno. A realización da cova e do túnel resultou unha obra considerable, que se fixo durante as noites, na que lle axudaron os seus irmáns e a terra que levantaban disimulábana estirándoa pola horta.
Botou sete anos agochado alí sen que os seus fillos, Pedro e José, se decatasen. Se non había perigo permanecía no faiado da casa. Durante o día, mentres o resto da familia traballaba no campo e os nenos asistían á escola, Marcial traballaba na casa facendo o xantar, muxindo nas vacas... Tiña unha radio. Para pór de manifesto que non sabían del, os da casa puxeron loito.
No ano 1943 presentouse ás autoridades franquistas e deixárono en liberdade.
Tempo andado instalouse en Curtis (A Coruña), onde montou un bar e contactou con Isabel Ríos Lazcano; a Isabel tamén a puxeran en liberdade facía pouco tempo e era unha comunista de Curtis.
Volveu ser detido e encarcerado seis meses xunto co seu fillo maior Pedro, acusado de colaboración coa guerrilla antifranquista.
Deixou o bar de Curtis e marchou para Ferrol (A Coruña), onde levou unha vida desordenada e onde morreu aos 54 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.