← Volver atrás

Rodríguez Pico, Florentino

Alcume: Mestre de Villarmeirín, Florentino Pico
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Muñas, Valdés
(Principado de Asturias)
- 21/06/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Canedo, Arganza
(León)
- 18/02/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, 22 anos. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Oviedo (Principado de Asturias) e foi mestre de Villarmeirín, Taladrid, Ibias (Principado de Asturias).

Membro da Agrupación Socialista (AS) de Villarmeirín.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Formou parte do Comité de Guerra de Muñas. Capitán do Batallón Bárzana, 10ª Brigada Mixta, 4ª División do III Corpo de Exército de Asturias. Coa caída de Asturias en outubro de 1937 fuxiu ao monte permanecendo na zona de Oscos. En 1938 era membro do grupo de César Terrón Abad, formado por antigos combatentes da fronte asturiana, na súa maioría cenetista, que actuaban ao norte de Ponferrada (León). Logo da morte de César Terrón o 21 de xullo de 1940, Florentino tomou o mando do grupo que pasou ao Bierzo.

Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil nun piñeiral de Canedo o 18 de febreiro de 1941. Faleceron no combate seis guerrilleiros antifranquistas: Dalmiro Lamas Cerezales, Gerardo Lamas Mauriz, Luis Martínez Rodríguez, Gerardo González Ochoa, Pasoslargos, Brindis Mauriz Rodríguez e Florentino Rodríguez Pico. No enfrontamento tamén resultou morto o garda civil Nicasio González Arias.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha