Nacemento:
Morte:
Xastre, 29 anos. Viúvo de Julia Expósito; tiveron un fillo e dúas fillas: José, Ermitas e Enriqueta. Veciños da rúa Coruña, en Monforte de Lemos (Lugo), desde comezos dos anos trinta.
Militante do PSOE.
Fuxido. Encarcerado. Paseado.
Acusado do asasinato do falanxista José Veiga Expósito nos sucesos que ocorreron no momento de producirse o golpe militar, o día 22/07/1936.
Xulgárono en Lugo na causa 110/36 e na causa 620/36 co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Permaneceu fuxido ata o día 10/07/1938, data na que o localizaron e detiveron con Ramón-A. Somoza Álvarez.
Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos o día 11/07/1938.
Sacouno da cadea a Garda Civil o día 13 de agosto de 1938 e matárono a tiros nun pretendido traslado xunto con Ramón-A. Somoza Álvarez.
No rexistro de defunción dise “debiendo tratarse de un homicidio, digo hemorragia interna”.
Morte rexistrada ás 20:00 h “poco más o menos”.
O seu cadáver apareceu en Seixo. Aplicáronlles a Lei de Fugas axentes da Garda Civil dos postos de Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón, que mandaba o sarxento do cuartel monfortino Manuel Fernández Vega, ao que acompañaban os gardas segundos Constantino Basteiro Sanfiz, Manuel Rodríguez Álvarez, Daniel Vázquez Rial e Pedro Díaz Díaz; este último do posto da Pobra do Brollón. Pedro Díaz e Constantino Basteiro foron os autores dos asasinatos nun suposto intento de fuxida dos detidos.
Por mor destes pasamentos o Tribunal Militar Territorial de Lugo incoou a causa 576/38, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do día 02/11/1938.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.