Nacemento:
Morte:
Gandeiro, industrial e político, 37 anos. Solteiro. Veciño de Monforte de Lemos (Lugo).
Militante da Agrupación Socialista (AS) de Monforte de Lemos e da UXT. Concelleiro de Monforte de Lemos no ano 1931 e tamén na corporación de 1936, esta vez polo PSOE e dentro da coalición electoral da Fronte Popular (FP).
Detido o 24/09/1934 polo depósito de explosivos antes da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934; condenárono a seis anos de cadea e liberárono o día 21/02/1936.
Despois do triunfo da FP, foi membro da xestora de Monforte de Lemos.
Paseado.
Participou na requisa de armas e no recrutamento de voluntarios para ir a Lugo na defensa da República.
Despois do triunfo dos golpistas agochouse no monte ata o día 11/07/1938, data na que o localizaron e detiveron con José Rodríguez Silvosa.
Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos o mesmo día 11/07/1938.
Sacárono da cadea para comparecer no Goberno Civil de Lugo dous días despois da súa detención; asasinárono forzas da Garda Civil, durante o seu traslado, con José Rodríguez Silvosa.
No rexistro de defunción dise “debiendo tratarse de un homicidio, digo abundante hemorragia”.
Morte rexistrada ás 20:00 h “poco más o menos”.
Soterráronos aos dous nunha fosa común no cemiterio de Santiago de Castroncelos.
O seu cadáver apareceu en Seixo, Castroncelos. Aplicáronlles a Lei de Fugas axentes da Garda Civil dos postos de Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón, que mandaba o sarxento do cuartel monfortino Manuel Fernández Vega, ao que acompañaban os gardas segundos Constantino Basteiro Sanfiz, Manuel Rodríguez Álvarez, Daniel Vázquez Rial e Pedro Díaz Díaz; este último do posto da Pobra do Brollón. Pedro Díaz e Constantino Basteiro foron os autores dos asasinatos nun suposto intento de fuxida dos detidos.
Por mor destes pasamentos o Tribunal Militar Territorial de Lugo incoou a causa 576/38, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do día 02/11/1938.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.