← Volver atrás

Rozados Márquez, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Procesado

Nacemento:

Feitoso, Santa María de Olives, A Estrada
(Pontevedra)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego. Veciño de Feitoso.

Encarcerado. Procesado.

Actuou como enlace e facilitador; proporcionou apoio loxístico, alimento e refuxio aos guerrilleiros antifranquistas da V Agrupación.

Os franquistas prendérono en maio de 1948 no concello de Silleda (Pontevedra) acusado de enlace, encubridor e integrante da V Agrupación Guerrilleira de Galicia. Detivérono con Manuel Agra Jorge e Antonio Carracedo Villar.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña, en marzo de 1948, polo delito de auxilio a malfeitores, na causa 296/48, con outras 45 persoas, entre elas Manuel Agra e Antonio Carracedo.

Recoñeceu que na súa casa durmiran Julio Braganza, o Miope; Benigno Andrade García, Foucellas, e Eugenio Rueda Perosanz, Pájaro.

Para ver ás persoas encausadas neste procemento dirixirse á ficha de Jaime Agra Blanco.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha