← Volver atrás

Ruibal Cons, Elisa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionada. Exiliada

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Uruguai

Biografía

Casada co comerciante e político Víctor Moldes Carro; tiveron unha filla e catro fillos: Chicha, Victoriano, José, Ramiro e Manuel. Veciños de Casaldarado, San Salvador de Lérez, Pontevedra (Pontevedra). Propietarios dunha tenda de ultramarinos.

O seu home era membro da Sociedade Labrega de Lérez, vogal da Federación Labrega Comarcal en 1920 e, máis tarde, presidente. Tamén presidiu a patronal do gremio de ultramarinos e participou na campaña electoral de 1936 dando mitins a favor da Fronte Popular (FP).

Sancionada. Exiliada.

Despois do golpe militar Víctor andou fuxido polos arredores de Pontevedra, despois por Padrón (A Coruña) e Vilanoviña, Santa María de Paradela, Meis (Pontevedra). Regresou a Lérez, onde a muller lle dixo que o cura Leandro del Río Carnota lle prometera que si se entregaba e lle daba cartos á Garda Cívica, salvaría a súa vida. Presentouse, detivérono o día 12/09/1936 e ingresárono na cadea da Escola Normal de Pontevedra. Xulgárono, condenárono á pena de morte e executárono en Monte Porreiro, Santa María de Mourente, Pontevedra, o día 17/04/1937.

Aos seus tres fillos maiores obrigáronos os sediciosos a alistarse no exército golpista.

Tamén lle incautaron os seus bens.

Elisa exiliouse cos seus fillos en Uruguai, onde finou.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha