← Volver atrás

Santiago Seijo, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 01/01/1877 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Viveiro
- 25/04/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, xornalista e político, 59 anos. Veciño de Viveiro. Exerceu como avogado en Viveiro. Secretario do Concello de Mondoñedo; no mes de novembro de 1923 designárono secretario do Concello de Viveiro.

No ano 1914 era director do semanario El Vivariense. En 1915 dirixía Verdad y Justicia.

No ano 1912 organizou a Xuventude Conservadora na súa localidade. Concelleiro de Viveiro no ano 1913 e alcalde ata agosto de 1914 por Real Orde. Volveu ser alcalde ao rematar a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, desde o 14/04/1930. Elixido concelleiro o 12/04/1931.

Coa proclamación da II República integrouse na Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Presidiu o Partido Republicano Independente (PRI) en Viveiro que se constituíra en marzo de 1933. Volveu exercer de alcalde de abril de 1934 ata setembro de 1935, cargo no que volveu ser reposto en xaneiro de 1936.

Encarcerado.

Despois do movemento golpista detivérono o día 15/08/1936.

Ingresado no depósito de Viveiro o día 15/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión (manifestación contra o Alzamiento Nacional), na causa 679/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio e posto a disposición da autoridade gobernativa segundo resolución do día 10/12/1937.

Tamén pasou polo depósito de Mondoñedo (Lugo).

Puxérono en liberdade o día 14/12/1937.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha