← Volver atrás

Silva González, José da

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Portugal
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 24/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, 40 anos. Solteiro. Veciño de San Xoán de Fornelos, Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Executado.

Cando se produce o movemento fascista de xullo de 1936 participou na requisa de armas para facer fronte aos militares rebeldes. Os alzados tamén o acusaron de colocar un petardo na ponte da Fillaboa, Salvaterra de Miño, e de interceptar unha estrada con pinos.

Xulgado en consello de guerra en Vigo,o día 06/02/1937, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas ás 11:00 h no Monte do Castro, en Vigo.

Os dez condenados e asasinados neste proceso foron: Antonio Alfonso Domínguez, xornaleiro; José Domínguez González, xornaleiro; Vicente Domínguez Villar, carpinteiro; Manuel Eiró Estévez, labrego; José González Montero, labrego; José Macías Gutiérrez, peón; Antonio Martínez Soto, ferreiro; Manuel Romero Márquez, canteiro; José da Silva González, canteiro, e Etelvino Tielas, serrador.

Morte rexistrada en Vigo por mor dunha intensa hemorraxia interna.

Soterrárano nunha fosa común no cemiterio de Pereiró, na cidade viguesa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha