← Volver atrás

Sorga Losada, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Sarreaus
(Ourense)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Veciño de Sarreaus. Irmán de Ismael Sorga Losada, executado, e de Antonio Sorga Losada, encarcerado. Curmán de Juan Sorga Rodríguez.

Encarcerado.

Despois do enfrontamento do día 14/07/1948 da Garda Civil co grupo de guerrilleiros antifranquistas de Juan Sorga en Pazos, Santa María de Codosedo, Sarreaus, comezaron as represión sobre da súa familia.

O día 16/11/1948 as forzas represoras detiveron a Antonio, Francisco e Ismael e a outros familiares, acusados de sospeitosos de colaborar coa guerrilla. Trasladáronos a Ourense.

Ismael xa non chegou á capital provincial; despois de sufrir unha malleira en San Xoán de Cortegada, Sarreaus, aplicáronlle a Lei de Fugas e asasinárono no camiño; a desculpa da súa morte e o consabido intento de fuxida, algo xa habitual.

Xulgado en consello de guerra en Ourense, na causa 574/48, co resultado de sentenza a doce anos de prisión.

Neste proceso tamén xulgaron, entre outras persoas, ao seu irmán Antonio Sorga Losada, ao que castigaron a cinco anos de cadea.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha