← Volver atrás

Sorga Losada, Ismael

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Sarreaus
(Ourense)

Morte:

A Pena
(Ourense)
- 18/11/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Veciño de Sarreaus. Irmán de Antonio Sorga Losada e de Francisco Sorga Losada, encarcerados cinco e doce anos polos mesmos feitos que Ismael. Curmán de Juan Sorga Rodríguez.

Executado.

Despois do enfrontamento do día 14/07/1948 da Garda Civil co grupo de guerrilleiros antifranquistas de Juan Sorga en Pazos, Santa María de Codosedo, Sarreaus, comezaron as represións sobre da súa familia.

O día 16/11/1948 as forzas represoras detiveron a Ismael Sorga Losada e a outros familiares, acusados de sospeitosos de colaborar coa guerrilla. Trasladáronos a Ourense.

Ismael xa non chegou á capital provincial; despois de sufrir unha malleira en San Xoán de Cortegada, Sarreaus, aplicáronlle a Lei de Fugas e asasinárono no camiño; a desculpa da súa morte e o consabido intento de fuxida, algo xa habitual.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha