Nacemento:
Morte:
Xornalista e político, 28 anos. Licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras.
Falanxista. No mes de marzo de 1935 foi un dos fundadores de Falanxe en Galicia, nun acto en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e nomeado xefe territorial de Galicia polo propio José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia, do que era amigo persoal. Jesús Suevos convertíase no xerarca falanxista de Galicia, mentres que Jesús Balás Loureiro se facía coa xefatura local de Ferrol. Membro do I Congreso Nacional de Falanxe.
Golpista.
Sumouse ao golpe de Estado contra da II República. Nomeárono xefe de Falanxe en Pontevedra e director de El Pueblo Gallego, que incautaran os rebeldes. Xefe da Centuria das Milicias de Falanxe na fronte da Serra do Guadarrama.
Despois da guerra civil ocupou cargos de relevancia nos executivos franquistas e nomeárono xefe provincial do Movimiento.
Director de Radiodifusión en 1951. Procurador nas Cortes de 1943 a 1977. Presidente de maio a decembro de 1955 do Atlético de Madrid. Director xeral de Radiotelevisión Española en 1956 e 1957. 1º tenente de alcalde de Madrid durante 14 anos e presidente do Atlético de Madrid por uns meses en 1955.
Segundo o diario Público, na década dos setenta organizou en Ferrol unhas patrullas de inspiración paramilitar, coñecidas como "cadeneros", que se adicaban a amedrentar a sindicalistas e demócratas con paus, cadeas e pistolas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.