Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 40 anos. Casado con Casilda Nine Fernández; tiñan varios fillos. Veciños de Santa Eulalia de Xil, Meaño. Irmán de Virgilio Trabazo Serapio de Figueroa, depurado e exiliado. Na súa casa traballou de criada Hermosinda Martínez, que tiña tres fillos. Mestre da escola infantil da confraría da Illa de Arousa en 1926. No ano 1927 destinárono a San Xoán de Covas, Montederramo (Ourense) e no ano 1929 a Xil, Meaño.
Presidente do Centro Republicano de Meaño desde febreiro de 1931. Militante da Agrupación Socialista (AS) de Meaño, da que foi presidente, e membro do Sindicato de Mariñeiros da UXT. Secretario do Centro Socialista da súa localidade. Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo (ATEV). Alcalde de Meaño no ano 1936 pola coalición da Fronte Popular (FP).
Paseado. Desaparecido. Depurado.
Despois do golpe militar ocultouse na casa duns amigos en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra); atopouno a Garda Civil, detivérono e paseárono. O seu cadáver nunca apareceu.
Asasinado na Caeira no ano 1936.
No ano 1940 incóaselle un expediente de depuración co resultado de separación do servizo e baixa na escala de mestres o día 11/05/1940.
A súa dona e os seus fillos pequenos exiliáronse en Nova York (Estados Unidos).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.