← Volver atrás

Trabazo Serapio de Figueroa, Virgilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Depurado

Nacemento:

Meaño
(Pontevedra)
- 14/06/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Profesor e político, 35 anos. Casado en Meaño, no ano 1928, con Ángeles Calviño de Salazar Lis. Irmán de Víctor Trabazo Serapio de Figueroa, paseado. Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Desde o día 12/09/1932 era catedrático de Agricultura no Instituto de Lugo. No ano 1934 era catedrático da mesma materia no Instituto de Vigo (Pontevedra).

Candidato por Acción Republicana nas eleccións de 1933. Despois integrouse en Esquerda Republicana (ER) na que desenvolveu o cargo de tesoureiro do Consello Provincial de Lugo. No ano 1936 era secretario local en Vigo de ER. Presidente do Ateneo de Vigo e vogal do Comité pro-Autonomía.

Exiliado. Depurado.

No mes de setembro de 1936 exiliouse na República Arxentina, onde se reúne con toda a súa familia no ano 1941.

No ano 1939 ábreselle un expediente de depuración co resultado de separación do servizo e baixa na escala de profesores.

Rehabilitado no ano 1952, volveu a España e traballou de profesor de instituto en Oviedo (Principado de Asturias), Ourense e Pontevedra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha