Nacemento:
Morte:
Avogado. Veciño de Corcubión. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Falanxista, Camisa Vella e líder dos falanxistas en Corcubión; moi belixerante desde a clandestinidade en contra dos gobernos republicanos, pasou uns meses encarcerado en Santiago de Compostela (A Coruña) e 15 días no cárcere da súa localidade.
Represor.
Participou coa Garda Civil nas operacións de "limpeza, pacificación e control" na retagarda nas comarcas de Fisterra e Soneira, na provincia da Coruña.
En outubro de 1936 era xefe local das milicias falanxistas e, en abril de 1938, delegado civil e alcalde de Corcubión. Logo desenvolveuse como xefe comarcal de Falanxe e xestor da Deputación Provincial coruñesa.
En novembro de 1939 participou no traslado dos restos de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia.
Secretario provincial de Falanxe, no mes de outubro de 1942 era xefe provincial accidental do Movimiento. Cesouno no posto de secretario provincial Diego Salas Pombo, xefe provincial da Falanxe coruñesa, en xuño de 1943.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.