← Volver atrás

Valenzuela Otero, Ramón de

Alcume: Pepe dos cestos
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Pazo da Viña, San Tirso de Manduas, Silleda
(Pontevedra)
- 03/10/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Portonovo, Santa María de Adina, Sanxenxo
(Pontevedra)
- 27/10/1980 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, escritor e político, 21 anos. Veciño da Viña, San Tirso de Manduas (Silleda). Fillo do médico José Valenzuela Ulloa, depurado. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Da familia fidalga dos Valenzuela. Mestre en Vigo (Pontevedra) no ano 1936 (non puido exercer polo comezo da guerra civil).

Organiza Ultreya das Mocidades Galeguistas do Partido Galeguista (PG), derradeiro secretario do PG na zona republicana. Participou na campaña pro Estatuto e no Seminario de Estudos Galegos (SEG).

Fuxido. Exiliado. Encarcerado. Sancionado.

Despois do alzamento prendérono os franquistas en Bandeira, Silleda e levárono a Santiago de Compostela (A Coruña), onde o liberan grazas a un familiar.

Alistouse no bando franquista na guerra civil para tentar a deserción e pásase o 08/12/1937 en Cáceres ao exército republicano na 11ª División Líster, do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro, que manda Enrique Líster; sería capitán dos servizos de intelixencia.

Ao remate da guerra civil pasa en 1939 a Francia e ingrésano no campo de refuxiados de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia), colaborou coa resistencia francesa diante dos nazis; a Gestapo prendeuno e deportouno a España.

Xulgado en consello de guerra en Ávila co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de orte conmutada pola de 20 anos e un día de prisión.

No ano 1944 sae do cárcere en liberdade vixiada e inhabilitado para a docencia; pasa a vivir en Vilagarcía de Arousa, onde traballa como axente comercial e dirixe unha explotación de arxila.

Casa en xaneiro de 1945 con María-Victoria Villaverde Otero.

En 1949 exíliase coa súa familia en Bos Aires (República Arxentina), onde Ramón desenvolve labores docentes e culturais. Colabora como secretario de Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao.

Regresan no ano 1966 e establecen a súa residencia en Madrid como profesor e militou no PCE na clandestinidade.

Finou por mor dun cancro de pulmón.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.