← Volver atrás

Valera Eguilaz, Joaquín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Córdoba
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 34 anos. Veciño de Tui (Pontevedra). Mariño da Armada, tenente de navío.

Encarcerado.

Cando se produce o golpe militar era o comandante do gardacostas Cabo Fradera, en Tui. Uniuse aos resistentes contra o movemento rebelde ata o día 27 de xullo, data na que pola súa inferioridade numérica se renderon aos golpistas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Salvouse desta pena de morte grazas á intervención do médico Darío Álvarez Blázquez, que consegue a permuta pola de cadea a 20 anos e que certificou que o día do golpe Joaquín padecía un ataque de asma que impedía que participara nos feitos que se lle imputaban.

Procesárono no ano 1940 no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha