Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 45 anos. Casado en Crecente (Pontevedra) con Dolores Caballero Méndez; tiveron dous fillos e dúas fillas: Manuel, María, Oliva e Francisco. Veciños de Cerdedo. Estudou Maxisterio e acadou a titulación no ano 1913. Mestre de San Xoán de Albeos, Crecente. No ano 1917 exercía en Santa María de Oia (Pontevedra), no ano 1918 no Barco de Valdeorras (Ourense) e, desde 1924, en Cerdedo. Durante a II República exerceu de secretario do xulgado municipal, de asesor técnico da secretaria do Concello de Cerdedo e traballou coa fin de erradicar o analfabetismo neste concello.
Alcalde de Cerdedo na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, de 1924 a 1926; deixa este cargo o día 27/10/1926 por motivos de saúde.
Militante da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Cerdedo, da que foi vicepresidente en xaneiro de 1935. Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo (ATEV).
Encarcerado. Depurado.
Cando se produce a revolta militar colaborou na organización da resistencia antifranquista.
Detido en Cerdedo, ingresárono na prisión da Escola Normal de Pontevedra e, despois, trasladárono á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Mentres permaneceu na Illa de San Simón o director daquel penal, Fernando Lago Búa, extorsionou a súa familia coa promesa de que non o pasearían.
Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo en agosto de 1936.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 16/04/1937 polo delito de rebelión, na causa 1306/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Estivo no penal de Burgos e, máis tarde, redimiu condena nun batallón disciplinario de traballadores nas minas de volframio do Fontao, Santa María de Graba, Silleda (Pontevedra).
O día 12/05/1940 prodúcese a resolución da súa separación do servizo e a baixa na escala de mestres.
Interno no Destacamento Penal das Minas de Silleda, concédeselle a liberdade condicional provisoria o día 02/03/1944, que se publicou no BOE nº 80 do 20/03/1944.
Abriu unha academia en Cerdedo.
O indulto total prodúcese o día 22/10/1946.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.