Nacemento:
Morte:
Ferreiro e político, 41 anos. Veciño de San Pedro de Grandal, Vilarmaior (A Coruña).
Secretario da Sociedade Labrega de Grandal.
Co triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936 nomeárono concelleiro da xestora de Vilarmaior, que quedou constituída o día 23/05/1936 e elixírono 1º tenente de alcalde por Esquerda Republicana (ER). Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiro na Corporación de Vilarmaior de 1936, entre outros, a Juan Varela Blanco, encarcerado.
Paseado.
Prendérono os franquistas despois do alzamento sedicioso e déronlle o paseo.
Morte rexistrada a causa de ferida de bala.
O seu cadáver apareceu en Caamouco.
Finaron asasinados polos fascistas nesa data ás 05:00 h: Leonardo Díaz Rosado, farmacéutico; José-Ramón Fernández Barral, mestre; Segundo Martín Martín, factor do ferrocarril; Pablo Rico Couceiro, propietario; Juan Pico González, labrego; Santiago Rodeiro Rodríguez, mariñeiro; José-María Varela Salido, ferreiro, e Ramiro Vázquez Salido, reloxeiro. Todos eles acusados de tenencia ilícita de armas e uso de explosivos.
Nestes paseos colaborou o miliciano falanxista de Redes, Caamouco, Antonio López Deus, o Penón.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.