Nacemento:
Morte:
Propietario e político, 63 anos. Casado con Generosa Varela; tiñan cinco fillos e unha filla: Alfredo, Carmen, David, Florentino, Jesús e ?. Veciños de Vilachá. Emigrado na República Arxentina, de onde retornou no ano 1914.
Xa en 1924 era concelleiro en Monfero na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. Alcalde de Monfero por Esquerda Republicana (ER) nas municipais de 1936, despois do triunfo da Fronte Popular (FP). Era alcalde cando se produce o golpe militar.
Tiña como compañeiros na Corporación de Monfero de 1936, entre outras persoas, a: Juan Pico González, asasinado; Benito Souto Corral, asasinado; Andrés García Marcos, asasinado.
Dos 12 membros de ER nesta corporación de 1936, a tres asasináronos (Rico González, García Marcos e José-Antonio Marcos Silvar, tesoureiro da Sociedade de Labregos).
Paseado.
Acusado, cos seus compañeiros de sorte, de “organizar la revolución comunista así como apoderarse de armas y explosivos”, prendérono e déronlle o paseo.
Morte rexistrada a causa de feridas de bala.
O seu cadáver apareceu en Caamouco. Asasinado con outros sete homes.
Os fascistas fusilaron ás 05:00 h a: Leonardo Díaz Rosado, farmacéutico; José-Ramón Fernández Barral, mestre; Segundo Martín Martín, factor do ferrocarril; Pablo Rico Couceiro, propietario; Juan Pico González, labrego; Santiago Rodeiro Rodríguez, mariñeiro; José-María Varela Salido, ferreiro, e Ramiro Vázquez Salido, reloxeiro. Todos eles acusados de tenencia ilícita de armas e uso de explosivos.
Nestes paseos colaborou o miliciano falanxista de Redes, Caamouco, Antonio López Deus, o Penón.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.