← Volver atrás

Vázquez Gayoso, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Exiliado

Nacemento:

Santiago de Vilaoudriz, A Pontenova
(Lugo)
- 05/04/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 09/05/1970 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, escritor e político, 27 anos. Veciño de Madrid. Estudou Dereito na Universidade de Oviedo (Principado de Asturias) e doutorouse na Universidade Central de Madrid no ano 1931. Profesor axudante na Facultade de Dereito en Madrid. Irmán de Juan Vázquez Gayoso, tamén exiliado. Axudante de clases prácticas e da cátedra de Historia na Facultade de Dereito en Madrid. Técnico do Instituto de Reformas Agrarias.

Colaborou no xornal Las Riberas del Eo de Ribadeo.

Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), polo que se presentou ás eleccións xerais de novembro de 1933 pola provincia de Lugo. No ano 1934 contábase entre os membros fundadores do partido de Esquerda Republicana (ER).

Depurado. Exiliado.

Durante o desenvolvemento da guerra civil nomeárono secretario técnico de Gobernación e alistouse voluntario no Corpo de Carabineiros, onde acadou o grao de comandante.

Afastado da docencia polos golpistas.

Cando rematou a contenda pasou a pé a Francia polos Pireneos. Marchou de Francia cara A Habana (Cuba) en xuño de 1939 e alí exerceu de xornalista e de profesor de Dereito na Universidade da Habana, a máis de colaborar en xornais e revistas.

Máis tarde traballou na Universidade de Panamá como profesor de Dereito (1941/1945) e na de Caracas (Venezuela) de 1945 a 1951, onde era cónsul xeral do Goberno da República no exilio.

Casou en Cuba no ano 1948 con Felisa Abad, 17 anos máis nova ca el.

No ano 1948 trasladouse a México, onde reside ata o seu pasamento.

De 1960 a 1962 foi ministro do executivo republicano no exilio, que dirixía Emilio Herrera Linares.

Colaborou na re-colocación no exilio de moitos exiliados españois.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha