← Volver atrás

Vázquez Gayoso, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Exiliado

Nacemento:

Rábade
(Lugo)
- 05/06/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Avogado, xuíz e político, 34 anos. Casado con María-Dolores Díaz Vázquez; tiñan dous fillos e unha filla: Juan-Miguel, Ana-María e Rafael-Ángel. Veciños de Madrid. Doutor en Dereito pola Universidade Central de Madrid. Profesor axudante na Facultade de Dereito da Universidade Complutense, en Madrid. Irmán de Jesús Vázquez Gayoso, tamén exiliado.

Colaborou con El Presidencialista de Madrid, Horizontes de Lugo e Las Riberas del Eo de Ribadeo.

Depurado. Exiliado.

Apartado da docencia polos fascistas.

Durante a guerra civil exerceu de xuíz de primeira instancia e instrución en Orihuela (Alacante), foi oficial letrado do Tribunal Popular de Responsabilidades Civís e, despois, reintegrouse como xuíz en Orihuela no mes de maio de 1938. Tamén se desenvolveu como profesor da Academia Militar de Oficiais do Corpo de Seguridade e Asalto co grao asimilado ao de capitán.

Exiliado en Panamá, onde traballou como profesor de Dereito na Universidade de Panamá.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha