← Volver atrás

Vázquez Palacios, Carmen

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou o día 12/02/1930 con Honorio-Brasilino Álvarez Sobrino; tiveron dous fillos. Veciños da Guarda. O seu home estivo na emigración 20 anos en Puerto Rico, onde tiña negocios. Rendista en Camposancos.

Brasilino foi concelleiro no seu pobo en 1931; un dos fundadores da Agrupación Republicana (AR) da Guarda, da que acadou a presidencia; militante de Esquerda Republicana (ER); fundador e presidente desde abril de 1936 do Partido Galeguista (PG) da súa vila natal; elixírono último alcalde republicano da Guarda o día 15/06/1936 e participou intensamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Vítima colateral. Exiliada.

O seu home, cando se produce o golpe rebelde, presidiu o Comité de Defensa da República; prendérono os franquistas e xulgárono en consello de guerra en Vigo (Pontevedra), o día 23/11/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte. Fusilárono na explanada traseira do Instituto de Tui.

Incautáronlle os bens e as contas bancarias.

Carmen rematou por exiliarse en Puerto Rico.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha