Nacemento:
Morte:
Propietario e político, 41 anos. Casado; tiñan dous fillos. Veciños da Guarda. Emigrado 20 anos en Puerto Rico, onde tiña negocios. Rendista en Camposancos.
Concelleiro no seu pobo en 1931. Un dos fundadores da Agrupación Republicana (AR) da Guarda e da que acadou a presidencia. Militante de Esquerda Republicana (ER). Fundador e presidente desde abril de 1936 do Partido Galeguista (PG) da súa vila natal. Elixido último alcalde republicano da Guarda o día 15/06/1936. Participa intensamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).
Pertencía á masonería.
Colaborador do xornal Nuevo Heraldo.
Executado.
Cando se produce o golpe rebelde presidiu o Comité de Defensa da República. O día 20/07/1936 recibe unha notificación dos golpistas para que deixe o cargo de alcalde, cousa que rexeita. A Guarda queda illada e non cae ata que os rebeldes toman Tui (Pontevedra). O primeiro tenente de alcalde foxe ao monte con outros dirixentes; o alcalde decide permanecer, retírase á súa casa e o pobo aclamouno. Pronto o arrestarán e ingresarano na cadea en Tui.
Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra), o día 23/11/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte. Xulgárono con outros 13 veciños da Guarda. O fiscal era Hernán Martín-Barbadillo Pául.
Fusilado na explanada traseira do Instituto de Tui.
Nesta acción e día executaron a: Honorio-Brasilino Álvarez Sobrino, propietario; Adelaido Barredo Sueiro, xornaleiro; Roque-Camilo Carrero Lorenzo, industrial; Venancio Cibeira Rodríguez, factor de ferrocarril; Juliano Díez Álvarez; Francisco Fandiño Piñeiro, labrego; Manuel Gómez Besada, obreiro; Francisco Lloret Gándara, empregado; Antonio Rodríguez Rodríguez, xornaleiro, e Manuel Vicente Portela.
Morte rexistrada por mor de ferida de arma de fogo.
Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono en 1953.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.