Nacemento:
Morte:
Funcionario, 30 anos. Veciño da Guarda (Pontevedra). Funcionario de Correos na Guarda desde finais da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.
Participou no ano 1930 na creación da Agrupación Republicana (AR) da Guarda, da que foi dirixente, e logo integrouse no Partido Galeguista (PG), por acordo da AR. Tamén sería directivo da Federación Local Obreira (FLO) guardesa. Concelleiro da súa localidade en marzo de 1936 e delegado de Facenda.
Detido pola participación na folga xeral de 1933.
Executado.
Acudiu a Vigo (Pontevedra), con outros veciños, na defensa da República; deron a volta cando lles comunicaron que a cidade xa caera nas mans dos golpistas.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 994/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
O auto resolutorio deste proceso condenou á pena de morte a: Adelaido Barredo Sueiro, Juliano Díez Álvarez e Francisco Lloret Gándara.
Acusado de provocador e instigador da rebelión.
Fusilado na explanada traseira do Instituto de Tui.
Nesta acción e día executaron a: Honorio-Brasilino Álvarez Sobrino, propietario; Adelaido Barredo Sueiro, xornaleiro; Roque-Camilo Carrero Lorenzo, industrial; Venancio Cibeira Rodríguez, factor de ferrocarril; Juliano Díez Álvarez; Francisco Fandiño Piñeiro, labrego; Manuel Gómez Besada, obreiro; Francisco Lloret Gándara, empregado; Antonio Rodríguez Rodríguez, xornaleiro, e Manuel Vicente Portela.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.