Nacemento:
Morte:
Construtor, rendista e político, 51 anos. Solteiro; tivo varios fillos. Veciño de Camposancos, A Guarda. Fillo de solteira de María Carrero Lorenzo. Emigrado na República Dominicana, regresou á Guarda no ano 1930 e construíu a Casa das Torres
Era republicano, socialista e católico. Militante da Agrupación Socialista Agraria (ASA) da Guarda, foi concelleiro e tenente de alcalde nas corporacións guardesas de 1931 ata o 27/07/1936. Presidente da Casa do Pobo.
Executado.
Despois do golpe militar prendérono os sublevados.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilado na explanada traseira do edificio do Instituto de Tui.
Nesta acción e día executaron a: Honorio-Brasilino Álvarez Sobrino, propietario; Adelaido Barredo Sueiro, xornaleiro; Roque-Camilo Carrero Lorenzo, industrial; Venancio Cibeira Rodríguez, factor de ferrocarril; Juliano Díez Álvarez; Francisco Fandiño Piñeiro, labrego; Manuel Gómez Besada, obreiro; Francisco Lloret Gándara, empregado; Antonio Rodríguez Rodríguez, xornaleiro, e Manuel Vicente Portela.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.