Nacemento:
Morte:
Empresario e funcionario, 43 anos. Compañeiro de Rosa Lagos; tiñan varios fillos. Veciños da Guarda. Emigrado na República Dominicana, volveu no ano 1925 e cos cartos aforrados montou un negocio de hostalería, o Hotel Argentino, con bar, pensión e casa de comidas. Na II República traballou de recadador da contribución.
Membro da Agrupación Republicana (AR) da Guarda, logo pasouse ao Partido Galeguista (PG). Militou tamén na Federación Local Obreira (FLO) guardesa.
Executado. Sancionado.
No momento do golpe militar decide acudir, con outras persoas, na defensa republicana de Vigo (Pontevedra) pero en Puxeiros, Mos, tiveron que dar volta cando os informaron que Vigo xa caera.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de traizón, na causa 994/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
O auto resolutorio deste proceso condenou á pena de morte a: Adelaido Barredo Sueiro, Juliano Díez Álvarez e Francisco Lloret Gándara.
Fusilado na explanada traseira do Instituto de Tui.
Nesta acción e día fusilaron a: Honorio-Brasilino Álvarez Sobrino, propietario; Adelaido Barredo Sueiro, xornaleiro; Roque-Camilo Carrero Lorenzo, industrial; Venancio Cibeira Rodríguez, factor de ferrocarril; Juliano Díez Álvarez; Francisco Fandiño Piñeiro, labrego; Manuel Gómez Besada, obreiro; Francisco Lloret Gándara, empregado; Antonio Rodríguez Rodríguez, xornaleiro, e Manuel Vicente Portela.
No ano 1937 os fascistas embargáronlle os bens e no 1943 sometérono a un expediente no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.