Nacemento:
Morte:
Empregado municipal. Casado con Concepción Grandío. Veciños da Coruña. Ferreiro forxador nos talleres municipais do Concello da Coruña.
Depurado.
Segundo o seu expediente informativo do Goberno Civil, foi un personaxe conflitivo nas súas relacións persoais, familiares e no traballo.
Destituído o día 21/09/1936 polo alcalde Fuciños por ser «un individuo perturbador del trabajo con manifiesto abuso de influencia cuando de ella dispone, desarrollando así una actividad netamente antipatriótica pues dificulta el buen funcionamiento de un servicio público», considerándoo incurso no art. 3º do Decreto 108 de 13/09/1936.
Solicitou, primeiro o 10/10/1936 diante da alcaldía e, despois, o 20/11/1936 diante do gobernador civil, a súa reposición no cargo alegando que na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja fora membro da Unión Patriótica e, logo, da Unión Monárquica Nacional, que durante a República mantivo inimizade cos elementos progresistas do concello e que non estivo afiliado a ningún partido esquerdista, manifestándose simpatizante de Renovación Española RE) da que era membro a dona; a pesar das súas alegacións, non se lle tivo en consideración.
Seguiu insistindo e o 17/06/1937 enviou un novo escrito ao gobernador civil no que pedía a revisión do seu expediente mencionando os mesmos argumentos e sinalando que non fora cesado por desafecto; tampouco nesta ocasión se accedeu ao seu pedimento.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.