Nacemento:
Morte:
Militar, 45 anos. Casado con Felipa Marquínez Gómez (Estremadura); tiveron tres fillos e tres fillas: Carlos, Consuelo, Nieves, Alberto, Adolfo e Carmen. Veciños de Madrid. Oficial da Armada formado na Escola Naval de San Fernando (Cádiz). Desde o ano 1932 era comandante do Corpo de Radiotelegrafistas da Armada e responsable técnico da Estación de Radio da Armada en Ciudad Lineal, Madrid.
Membro da UXT e do PSOE.
Exiliado. Encarcerado.
Do 18 ao 21 de xullo de 1936, con Benjamín Balboa López, foron claves para evitar a sublevación rebelde na Armada ao controlar o sistema de comunicacións da frota. Ascendido a tenente coronel. En 1938 e 1939 ocupou a xefatura de Comunicacións do Estado Maior da Mariña.
O día 04/02/1939 pasou a Francia e ingresárono nos campos de concentración de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e Rivesaltes (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).
Durante a invasión alemá traballou forzosamente para os nazis na construción do Muro do Atlántico, ata que o liberaron as tropas aliadas en setembro de 1944.
Ao remate da II Guerra Mundial quedou a vivir en Francia, onde se rexistra a súa morte.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.