Nacemento:
Morte:
Propietario e político, 50 anos. Casou en Alacante no ano 1921 con Mercedes Torregrosa Lluch; tiveron unha filla. Veciños da rúa Vilanova, do barrio de Morín, Monforte de Lemos. Emigrado desde moi novo en Cuba, onde dirixiu a revista mercantil Caduceo. Ao regreso instaláronse en Monforte de Lemos.
Militante do Partido Republicano Radical (PRR) e despois de Unión Republicana (UR). Nomeárono alcalde de Monforte de Lemos do día 06/02/1935 ata o día 17/07/1935, data na que deixou o cargo ao ter que ausentarse da súa localidade por un tempo. Tivo enfrontamento co líder dereitista local Andrés Gil Municio, do Partido Agrario Español (PAE).
Paseado.
Morte rexistrada sobre as 02:00 h na súa casa do barrio de Morín por disparos de arma de fogo, nun asalto dos falanxistas e por mor dun tiro de rifle na cabeza na presenza da súa dona e da súa filla. Os fascistas pertencían á Escuadra Negra de Eirexalba, que mandaban Manuel Díaz López, Chaquetón, e Manuel Castro Castro, Eirexalba.
Por mor do seu asasinato o Tribunal Militar Territorial de Lugo incoou a causa 1303/37, que rematou coa sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do día 08/01/1937.
Despois destes feitos a súa muller e a filla marcharon a vivir para Alacante.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.