← Volver atrás

Vila Rodríguez, Celso

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Depurado. Sancionado

Nacemento:

Ourense
- 13/11/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre e político, 23 anos. Veciño de San Miguel de Canedo, Ourense (Ourense). Estudou Maxisterio, acadando a titulación no ano 1930. Mestre nacional do Viso, San Pedro de Cudeiro, Ourense (Ourense).

Colaborador da revista Escuela del Trabajo.

Secretario xeral da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO). Membro da Federación das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) de Galicia desde 1934. Secretario xeral da Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT). Ingresou na Agrupación Socialista (AS) de Ourense en xaneiro de 1936.

Despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 prendérono cinco días.

Exiliado. Depurado. Sancionado.

Cando o golpe militar escondeuse ata o mes de xullo de 1939.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 188/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

O tribunal deste proceso ditou auto de sobresemento para: Eduardo Campo Ojea, Baldomero Iglesias Rey, Eugenio López Pereira, Ramón Luaces Pavón, Manuel Pérez Ojea e Antonio Rey Saco; ditaron auto de absolución para: Salvador Crespo Fernández, Emilio Fernández González e Serafín Iglesias; declararon fuxidos a: Ramón Lafuente Rodríguez, José López Blanco e Celso Vila Rodríguez.

Xulgado tamén no Tribunal Militar Territorial de Ourense na causa 1365/36.

O día 18/07/1939 cruzou a fronteira cara Portugal por Vilardevós (Ourense). En Lisboa embarcou o día 30/09/1939, como súbdito cubano, no barco Colonial; chegou a Veracruz (México) o día 21/10/1939.

Abríronlle un expediente de depuración como mestre.

Sancionado polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña a oito anos de inhabilitación especial para o desenvolvemento de cargos públicos. Indultárono no ano 1946.

En México formou parte do Grupo Socialista Galego no exilio e foi secretario de xuventude da Asemblea Nacional Galega (ANG).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha