Nacemento:
Morte:
Mecánico, 29 anos. Veciño da rúa Fonte do Monte, en Ourense.
Militante do PCE e organizador das sociedades agrarias da contorna ourensá. No ano 1936 era o presidente da Casa do Pobo en Ourense e secretario do Comité Local da Fronte Popular (FP).
Detido en Ourense nas eleccións de 1933 por coaccións.
Fuxido. Exiliado.
Cando se produce o movemento sedicioso organizou unha partida de resistentes nos montes do antigo concello de Canedo (Ourense). Foxe da represión e xulgárono en rebeldía.
Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 188/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
O tribunal deste proceso ditou auto de sobresemento para: Eduardo Campo Ojea, Baldomero Iglesias Rey, Eugenio López Pereira, Ramón Luaces Pavón, Manuel Pérez Ojea e Antonio Rey Saco; ditaron auto de absolución para: Salvador Crespo Fernández, Emilio Fernández González e Serafín Iglesias; declararon fuxidos a: Ramón Lafuente Rodríguez, José López Blanco e Celso Vila Rodríguez.
Despois do golpe militar organizou unha partida de resistentes nos montes do concello de Canedo (Ourense) e máis tarde nos montes de Chantada (Lugo).
No ano 1937 pasa a Portugal coa axuda de Luis Soto Fernández; alí dirixe un grupo guerrilleiro con base en Cambedo da Raia, Chaves (Portugal).
No ano 1941 abríronlle un expediente de responsabilidades políticas e indultárono no ano 1958.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.