Nacemento:
Morte:
Mestre, xornalista e político, 33 anos. Veciño de Mondariz (Pontevedra). Emigrado na República Arxentina e, despois de regresar, estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Antes de exercer como mestre tivo que combater tres anos na Guerra de Marrocos. Mestre en Buscalque, San Lourenzo da Illa, Lobios (Ourense), en San Salvador de Penosiños, Ramirás (Ourense) e en Mondariz do ano 1934 ao ano 1936.
Colaborou cos xornais El Soviet, Ateo e Escuela del Trabajo. Tamén colaborou como xornalista en África e en México.
Durante a II República militou no PCE desde 1931. Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO), onde era da liña máis radical con Baltasar Vázquez Fernández e Félix-Segundo Salgado del Moral Biempica. No 1936, militaba na Federación Galega de Traballadores do Ensino.
Depurado. Exiliado.
O comandante militar de Ourense suspendeuno durante tres meses de emprego e soldo como mestre.
Despois do golpe de Estado, estando no Principado de Asturias e con José Alemany Menéndez fracasou no intento de volver a Galicia para artellar os grupos de fuxidos. Agochouse disfrazado de crego en San Salvador de Vilanova dos Infantes, Celanova (Ourense).
No ano 1937 pasou a Tourém, Montalegre (Portugal) con Ramón Lafuente Rodríguez; alí dirixen un grupo guerrilleiro con base en Cambedo da Raia, Chaves (Portugal). Despois marchou a Lisboa e desde alí a Francia.
No ano 1938 exiliouse en Cuba, logo estivo nos Estados Unidos e chegou a Nuevo Laredo (México) o día 18/07/1939. Desde México creou a Alianza Nacional Galega (ANG) e colaborou coa revolución cubana.
Amigo e secretario no exilio de Alfonso-Daniel Rodríguez Castelao.
No ano 1960 permíteselle a entrada en España, foi un dos fundadores da Unión do Pobo Galego (UPG), pero expulsárono do país no ano 1966.
Non volveu a España ata despois da morte do ditador.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.