Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 30 anos. Casado en Maceda (Ourense) no ano 1932 con Gloria Movilla Carneiro. Veciños de Bustavalle, Santiago de Zorelle, Maceda. Estudou Maxisterio en Granada, volvendo logo a Ourense. Aprobou as oposicións no ano 1928. No ano 1932 era mestre nacional en Santiago de Zorelle, Maceda (Ourense) e, máis tarde, en Bustavalle, Santiago de Zorelle.
Militante da UXT e do PCE. Membro fundador no ano 1932 da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO), onde era da liña máis radical con Félix-Segundo Salgado del Moral Biempica e Luis Soto Fernández.
Director en 1932 da revista Escuela del Trabajo e colaborador en outras publicacións.
Fuxido. Depurado. Encarcerado.
Despois do golpe de Estado ocultouse no faiado da casa dos seus sogros en Maceda, despois en Gabín e na serra de Queixa, onde recibe a axuda de familiares e amigos. Convencido polos seus familiares entregouse ao remate da guerra civil e ingresárono en prisión o día 15/06/1939.
Ábreselle un expediente de depuración como mestre co resultado de separación do servizo e baixa na escala de mestres.
Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 1326/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Este auto condenou á pena de morte a: Demetrio Álvarez González, Andrés Gálvez López, Fernando Garrido Fontenla, Juan-Manuel Garrido Touriño, Ricardo Lemos González, Serafín Pousa Prol, Arturo Salgado Villar, Manuel Senra Salgado, Antonio Souto Nieto e Modesto Vidal Fernández; penas de cadea perpetua para: Guillermo Pérez Conde, Constantino Taboada Garrido e Baltasar Vázquez Fernández; auto de absolución para: Elisardo Leal Gómez e Abelardo Sampayo Durán; seis anos de cadea para Enriqueta Iglesias Meana; declararon fuxidos a: Benigno Álvarez González, Francisco García García, Julio González Losada e José Robles Caneiro. Tamén procesaron a Arturo Salgado Villar.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Ourense.
Interno na Prisión Provincial de Ourense, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 129 do día 09/05/1941.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1958.
Trasladouse a Valladolid, traballou na factoría Fabricación de Automóviles, S.A. (FASA) e deu clases particulares.
Reingresou na ensinanza no ano 1964, e incorporouse como mestre en 1965 en Olmedo (Valladolid); ao ano seguinte consegue o traslado a Forcarei (Pontevedra) e, tempo andado, á Gudiña (Pontevedra), onde se xubila no ano 1975.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.