← Volver atrás

Álvarez González, Demetrio

Alcume: Meitro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Maceda
(Ourense)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 31/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Ferrador, 26 anos. Veciño de Maceda. O seu pai era o veterinario e ferrador Demetrio Álvarez, alcalde de Maceda entre 1913 e 1919. A súa nai, Felisa, era mestra en Santiago de Zorelle, Maceda. Irmán de Benigno Álvarez González, fuxido e morto no monte, de Antonio Álvarez González e de José Álvarez González aos que, despois de fuxir a Portugal, paseáronos en Tui (Pontevedra).

Executado.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 1326/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Este auto condenou á pena de morte a: Demetrio Álvarez González, Andrés Gálvez López, Fernando Garrido Fontenla, Juan-Manuel Garrido Touriño, Ricardo Lemos González, Serafín Pousa Prol, Arturo Salgado Villar, Manuel Senra Salgado, Antonio Souto Nieto e Modesto Vidal Fernández; penas de cadea perpetua para: Guillermo Pérez Conde, Constantino Taboada Garrido e Baltasar Vázquez Fernández; auto de absolución para: Elisardo Leal Gómez e Abelardo Sampayo Durán; seis anos de cadea para Enriqueta Iglesias Meana; declararon fuxidos a: Benigno Álvarez González, Francisco García García, Julio González Losada e José Robles Caneiro. Tamén procesaron a Arturo Salgado Villar.

Fusilado no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha