Nacemento:
Morte:
Traballo na casa, 25 anos. Casou en 1932 co veterinario e político Benigno Álvarez González; tiveron unha filla, Dolores, que morreu ao pouco de cumprir un ano. Veciños de Maceda.
Militante do PCE.
O seu home uniuse aos agraristas nun primeiro momento; en maio de 1931 participou na creación da organización do PCE en Ourense e tentou a organización do Partido Comunista Galego. No mes de marzo de 1932 foi membro do Comité Central do PCE; en 1933 presentouse as eleccións xerais polo Bloque Popular Antifascista (BPA). Nas eleccións de 1936, Benigno presentouse pola Fronte Popular (FP), con Alejandro Bóveda Iglesias, sen resultar elixido; sería compromisario en abril de 1936 para a elección do presidente da República, cargo que recaeu en Manuel Azaña Díaz.
Fuxida. Encarcerada.
Desde que se produce o golpe de Estado a Benigno perseguiuno ferozmente a Garda Civil despois de que o matrimonio participara na resistencia aos golpistas en Maceda (Ourense).
Enriqueta e Benigno estiveron agochados no faiado da súa casa e despois decidiron agocharse na Serra de San Mamede e máis tarde na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense). Certas clases oligárquicas puxeron prezo á cabeza do seu home, ofrecendo 1000 pesetas e un coche a quen o apresara vivo ou morto.
Xulgada en consello de guerra en Ourense polo delito de excitación á rebelión na causa 1326/36.
Este auto condenou á pena de morte a: Demetrio Álvarez González, Andrés Gálvez López, Fernando Garrido Fontenla, Juan-Manuel Garrido Touriño, Ricardo Lemos González, Serafín Pousa Prol, Arturo Salgado Villar, Manuel Senra Salgado, Antonio Souto Nieto e Modesto Vidal Fernández; penas de cadea perpetua para: Guillermo Pérez Conde, Constantino Taboada Garrido e Baltasar Vázquez Fernández; auto de absolución para: Elisardo Leal Gómez e Abelardo Sampayo Durán; seis anos de cadea para Enriqueta Iglesias Meana; declararon fuxidos a: Benigno Álvarez González, Francisco García García, Julio González Losada e José Robles Caneiro. Tamén procesaron a Arturo Salgado Villar.
A dona do castelo de Monterroso ofreceulles este edificio para que se mantiveran agochados nel; estiveron ata xaneiro de 1937.
Enfermo de tuberculose, Benigno morreu no refuxio do Penedo cando cumpría 37 anos.
Xulgada en consello de guerra en Ourense o día 21/05/1937, na causa 76/37, co resultado de sentenza a seis anos de cadea.
A Enriqueta internárona no cárcere de Verín (Ourense), onde nace a súa filla Dolores en 1937.
Tamén no mesmo ano 1937 trasladárona ao penal de Saturrarán, Mutriku (Guipúscoa).
Interna na Prisión Central de Mulleres de Saturrarán, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 256 do día 12/09/1940.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.