← Volver atrás

Villafines González, Agustín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Sabarís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona
(Pontevedra)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Albanel e político, 37 anos. Casado; tiña un fillo. Veciño de Baiona. Irmán de José Villafines González, tamén encarcerado.

Contador da directiva da Sociedade Labrega La Reconquista no ano 1931. Anarquista militante do Partido Sindicalista (PS). Tenente de alcalde de Baiona pola Fronte Popular (FP) no ano 1936 e alcalde accidental cando se produce o golpe militar.

Encarcerado. Exiliado.

Durante o golpe militar participou na resistencia aos golpistas e na requisa de armas en Baiona.

Presentouse de xeito voluntario ás novas autoridades rebeldes e ingresárono no cárcere de Vigo (Pontevedra) o día 01/08/1936.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión militar, na causa 88/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Proceso contra varios veciños de Baiona.

O auto resolutorio condenou a cadea perpetua aos irmáns Agustín Villafines González e José Villafines González, e a 15 anos de prisión a Joaquín Mandado Marcote.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Interno na Prisión Central de Burgos, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 227 do día 15/08/1941.

Marchou para o exilio na República Arxentina co seu irmán José.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha