← Volver atrás

Villafines González, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Sabarís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona
(Pontevedra)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Albanel, 26 anos. Solteiro. Veciño de Baiona. Irmán de Agustín Villafines González, tamén encarcerado e logo exiliado.

Encarcerado.

Durante o golpe militar participou na resistencia aos golpistas e na requisa de armas en Baiona.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión militar, na causa 138/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Proceso contra varios veciños de Baiona.

O auto resolutorio condenou a cadea perpetua aos irmáns Agustín Villafines González e José Villafines González, e a 15 anos de prisión a Joaquín Mandado Marcote.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Puxérono en liberdade no ano 1941.

Marchou para o exilio na República Arxentina co seu irmán Agustín.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha