Nacemento:
Morte:
Mineiro, 22 anos. Casado. Veciños de Villabuena. Era o máis novo dos irmáns Voces Canóniga. Irmán de Demetrio Voces Canóniga, executado; Pedro Voces Canóniga, morto en enfrontamento, e de Salvador Voces Canóniga, morto tamén en enfrontamento.
Dunha familia de anarcosindicalistas.
Fuxido. Encarcerado. Exiliado
Despois do golpe de Estado marchou cos seus irmáns Gumersindo, Pedro e Salvador cara o Principado de Asturias para combater contra dos fascistas.
Presentouse ás autoridades franquistas o día 24/05/1938 con outros sete compañeiros fuxidos no monte e enviárono ao campo de concentración de Deusto (Biscaia).
Puxérono en liberdade a primeiros de 1941; pouco despois de medio ano os franquistas detivérono e acusárono de ser cómplice dun asasinato, o día 17/10/1941, en Guímara (León), no que non tiña participado.
Xulgado en consello de guerra en Astorga (León), na causa 1051/41, co resultado de sentenza a cadea perpetua; unha vez que se descubriu a falsidade da acusación non reverteron a sentenza inicial.
A súa dona deixouno por mor das circunstancias. Gumersindo quedaría en liberdade 15 anos despois e instalaríase en Francia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.