Nacemento:
Morte:
Militar, 39 anos. En 1918 ingresou no corpo de maquinistas da Armada e en xullo de 1936 era capitán de máquinas, 2º xefe de máquinas do acoirazado Jaime I.
Republicano.
Exiliado. Encarcerado.
O comandante do Jaime I cando se produce o golpe de Estado era o capitán de navío Joaquín García del Valle, que non se puxo do lado dos rebeldes. O capitán de corveta Carlos Aguilar-Tablada Tejón era o xefe do buque máis afín ao levantamento militar e, aínda que se atopaba de permiso, logrou embarcar en Vigo (Pontevedra), antes de que o barco saíra cara Cádiz por orde do Goberno republicano para facer fronte aos rebeldes.
O día 20 de xullo a mariñeiría leal decidiu tomar o barco, diante das sospeitas de que os oficiais se puxeran do lado dos rebeldes e despois de recibir ordes desde o Goberno de Madrid. Os oficias Carlos Aguilar-Tablada Tejón, José Cañas Arce, José-María Otero Goyanes e Carlos Falquina García de Pruneda fixeron fronte aos leais coas súas armas desde a ponte do acoirazado; morreron Aguilar-Tablada e Cañas Arce e os outros dous, Otero Goyanes e Falquina, feríronos no enfrontamento.
Cando chegaron a Tánxer (Marrocos), os mariñeiros deixaron en liberdade aos oficiais republicanos Tomás Acción Golpe, Benito Sacaluga Rodríguez, ao capitán médico José A. Solana Gutiérrez-Solana e ao tenente maquinista Ricardo Castro Calvelo.
Durante a guerra civil loitou no bando republicano, servindo no Jaime I ata a súa explosión. En 1937 era comandante de máquinas e delegado do Comisario Xeral da Flota no destrutor Lazaga; en 1938 nomeárono Inspector de Traballos nos Buques da Zona de Levante. O día 09/12/1938 embarcou no cruceiro Libertad como xefe de máquinas.
O día 05/03/1939 non puido fuxir coa frota pois, con outros mariños, retivéronos os rebeldes no Cuartel de Infantería de Cartagena (Murcia). Liberados por tropas republicanas chegadas de Valencia, o día 28/03/1939 pasou a África no barco de vixilancia V-24, con destino a Bizerta.
Internárono en varios campos de traballo en Alxeria, entre eles en Camp Morand (por onde pasaron máis de 5000 republicanos); tamén traballou na construción do Transahariano e no campo de Bouarfa (Marrocos), entre outros.
Rematada a II Guerra Mundial pasou a vivir en Casabranca, onde morreu aos 49 anos, pagando coa morte os malos tratos recibidos nos campos de traballo do Norte de África.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.