← Volver atrás

Aldegunde Dorrego, Alejo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

San Cristovo de Chamoso, O Corgo
(Lugo)

Morte:

Mallorca
- 27/06/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar. Mariño da Armada, auxiliar 2º naval do acoirazado Jaime I.

Encarcerado.

Cando se produce o golpe dos militares rebeldes o auxiliar 2º naval Antonio Antúnez Aguilar, co resto da mariñeiría, fíxose co control do acoirazado Jaime I na mañá do día 20 de xullo de 1936, fronte as costas de Portugal; entre outras persoas leais á República contou coa axuda dos auxiliares navais de 2ª Juan Muíños Clavijo, que se fai cargo da derrota do acoirazado cara Tánxer (Marrocos), e de Alejo Aldegunde Dorrego. Antonio Antúnez preside o comité do barco cos cabos electricistas Rogelio Souto Martínez e Fernando Alonso Alonso, cos cabos de artillería Julio Arias Rico e José González Padín e o 3º maquinista José Caneiro Pernas, o fogueiro preferente César Verdeal López e o mariñeiro de 2ª Carlos Romero Rebón.

Na guerra civil loitou na Armada republicana.

Prendérono os rebeldes e estivo interno na Prisión de Cartagena (Murcia).

Morreu no afundimento do Submarino C-4 cando realizaban prácticas nas proximidades da Base Naval do Puerto de Sóller, en Mallorca, no ano 1946, despois de que, involuntariamente, o investira o destrutor Lepanto. Tiña entón o emprego de contramestre maior.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha