← Volver atrás

Alvajar López-Jean, María del Amparo

Alcume: Amparo Alvajar
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

A Coruña
- 11/08/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Monçao, Viana do Castelo
(Portugal)
- 01/01/1998 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista, tradutora e escritora, 19 anos. Casou en Valencia co escritor, funcionario e político Arturo Cuadrado Moure; tiveron unha filla: Silvia, que morreu ao pouco de nacer. Filla de César Alvajar Diéguez, exiliado, e de Rita-Amparo López Jean. Estudou Comercio na Coruña. O seu home desenvolveuse como funcionario do Concello de Santiago de Compostela, combateu contra a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, colaborou con El País Gallego, El Pueblo Gallego, Yunque, Política, El Sol, El Mercantil, entre outras publicacións. Arturo Cuadrado foi militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e membro da masonería.

María del Amparo foi activista da Asociación de Mulleres da II República. Secretaria de Santiago Casares Quiroga. Coa vitoria da Fronte Popular (FP) trasladouse a Madrid e traballou nos Servizos Secretos do Ministerio de Interior.

Exiliada.

O golpe dos militares rebeldes cóllea en Madrid. Despois pasou a Valencia cando se trasladou o Goberno e alí casou; máis tarde, a parella dirixiuse a Barcelona.

Ao remate da guerra civil exiliouse co seu home en Francia e, tempo andado, marcharon de Burdeos a Bos Aires (República Arxentina) no Massilia; chegaron o 18/10/1939 e da a luz a un neno morto; a súa filla Silvia xa morrera no exilio aos cinco meses de idade. Recoñecida como a mellor tradutora de Hispanoamérica, traballo que desenvolveu en importantes institucións mundiais.

Tamén viviu en México; Nova York, onde exerceu de tradutora nas Nacións Unidas; París, tradutora de Correo para a Unesco. En 1961 era directora do equipo de tradución da Organización Internacional do Traballo en Xenebra (Suíza).

Nunca volveu a España.

No ano 1961 nomeárona cabaleira da Orden da Lealdade da República Española.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha