← Volver atrás

Álvarez Fernández, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Bande
(Ourense)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 26/09/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 35 anos. Solteiro. Veciño de Lugo.

Militante da CNT, da que foi secretario. Fundador do Ateneo Libertario Humanidad Libre e presidente do Sindicato Xeral de Traballadores.

Executado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 02/07/1938.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1198/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O desenvolvemento deste proceso sería o que segue: condenaron á pena de morte a Antonio Álvarez Fernández, Fernando de Benito Lázaro, Francisco García Callalta, José López Rodríguez (conmutada pola de cadea perpetua), Manuel Prendes Miranda e Manuel Rodríguez Castro; cadea perpetua para Ramón Boelle Otero, Ángel Clemente Gayoso, Jesús Díaz López, José Fernández Armesto, Ángel Neira Fernández, Eduardo Romay Mato, Florentino Romay Teijeiro e Gaspar Sanz Fernández; a 15 anos castigaron a Hermelinda Páramo Ventosinos; 12 anos de cadea para Román Lugilde Picos; sentenza de absolución para José Pena Ferreiro e declararon fuxidos a José Caridad e a Joaquín Veloso Pobos.

Executado en Lugo ás 07:00 h nas tapias do cuartel da Garda Civil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha