Nacemento:
Morte:
Mineiro, 27 anos. Casado; tiveron unha filla: Elena. Veciños de Santa Ana, Aller (Principado de Asturias).
Militante da CNT desde 1934 e de Esquerda Republicana (ER).
Executado.
Voluntario do exército republicano, foi miliciano na fronte do Principado de Asturias no Rexemento Mixto de Artillería.
Capturárono as tropas rebeldes o día 21/10/1937 cando trataba de fuxir, con outros seis milicianos, no Gaviota.
Xulgado no campo de concentración de Camposancos (Pontevedra), o día 17/09/1938, co resultado de sentenza á pena de morte. Trasladárono a Celanova.
Morte rexistrada na Prisión Central de Celanova a causa de fusilamento e por orde do Xulgado Eventual da Bandeira de Falanxe de Marrocos.
Un pelotón da Bandeira de Falanxe executou ese día a sete persoas nas tapias do cemiterio de Celanova: Belarmino Álvarez García, mineiro; Mariano Blanco González, litógrafo; Guillermo de Diego Álvarez, Chofer; Marcelino Fernández García, mecánico; Alfonso Moreno Gayol, chofer; Abelardo-Félix Suárez del Busto, albanel, e Baldomero Vigil-Escalera Vallejo, pintor.
Soterrárono nunha fosa común en Celanova.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.