Nacemento:
Morte:
Camareira, 36 anos. En maio de 1935 casou con Constante Álvarez González, de 60 anos, granxeiro viúvo e de boa posición económica. Os seus pais eran de Ferreiros, Santa María a Real de Entrimo, Entrimo (Ourense) e emigraron a Brasil, regresando a Entrimo a primeiros dos anos dez. Tivo tres fillas de solteira: María, Justa e Encarnación. En 1926 pasou a vivir en Ourense, pero sinalada por nai solteira, volveu a Ferreiros en 1930. Para darlle oportunidade ás fillas, volveu a Ourense, á rúa Liberdade, e traballou de camareira.
Militante do PCE e libertaria.
Encarcerada. Executada.
Cando se produce o golpe de Estado agochou na súa casa ao republicano Francisco Cofán Eiriz, un comerciante de esquerdas de Barbadás (Ourense), que participara no único conato de resistencia ao golpe en Ourense. Erundina trasladouno a Ferreiros, á casa do seu home, pero Constante denunciounos e detívoos a Garda Civil o día 23/09/1936.
Presa en Bande (Ourense), onde sufriu malleiras, humillacións e torturas psicolóxicas; despois trasladárona a Ourense.
Fusilada ás 06:30 h no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense, por un escuadrón de cinco soldados. O tiro de gracia doullo o tenente coronel Luis Soto Rodríguez, que mandaba o pelotón de fusilamento e que era o comandante militar da provincia.
Foi a única muller executada polos rebeldes fascistas en Ourense. Fusilada entre os 132 homes executados no Campo de Aragón.
Soterrárona no cemiterio de San Francisco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.