Nacemento:
Morte:
Tiña 22 anos. Casada en xuño de 1943 con Belarmino Vega Núñez, encarcerado. Veciña de Casaio Suso. Filla de Manuel Álvarez Méndez, paseado, e de Olimpia Valle Carrera; era a máis vella de seis irmáns. Irmá de Manuel Álvarez Valle, finado de morte violenta. Curmá de Celia Valle Valle, dona do guerrilleiro antifranquista Manuel Álvarez Arias, Bailarín.
Encarcerada.
No ano 1939 e para librarse da represión sobre a súa familia, marchou cara Portugal coas súas curmás Celia Valle Valle, Clotilde Valle Valle e Ludivina Valle Fernández; aos poucos días denunciáronas e os gardas portugueses devolvéronas a España.
A África detivérona no ano 1941.
Xulgárona en consello de guerra en León o día 23/07/1942 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 374/41, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea.
Acusárona, coas súas curmás Celia Valle Valle e Clotilde Valle Valle e co seu mozo Belarmino Vega Núñez (os tres condenados tamén a 12 anos e un día de cadea), de prestar axuda ao fuxido Manuel Álvarez Arias.
Tamén a procesaron por responsabilidades políticas en Ourense.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.