← Volver atrás

Antúnez Aguilar, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Motril
(Granada)
- 08/10/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Tunes
- 01/01/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 29 anos. Mariño da Armada, auxiliar 2º de artillería (graduado de alférez de fragata) do acoirazado Jaime I.

Exiliado.

Cando se produce o golpe dos militares rebeldes o auxiliar 2º naval Antonio Antúnez Aguilar, co resto da mariñeiría, fíxose co control do acoirazado Jaime I na mañá do día 20 de xullo de 1936, fronte as costas de Portugal; entre outras persoas leais á República contou coa axuda dos auxiliares navais de 2ª Juan Muíños Clavijo, que se fai cargo da derrota do acoirazado cara Tánxer (Marrocos), e de Alejo Aldegunde Dorrego. Antonio Antúnez preside o comité do barco cos cabos electricistas Rogelio Souto Martínez e Fernando Alonso Alonso, cos cabos de artillería Julio Arias Rico e José González Padín e o 3º maquinista José Caneiro Pernas, o fogueiro preferente César Verdeal López e o mariñeiro de 2ª Carlos Romero Rebón.

Nomeado presidente do comité que dirixiu o buque e o levou a Tánxer, onde o relevaron do mando. Ao anterior comandante, Joaquín García del Valle, ofrecéronlle seguir ao mando do buque, pero negouse alegando falta de oficiais.

Dirixiu a artillería do Jaime I ata o 20 de xuño de 1937 cando o barco estoupou en circunstancias sospeitosas na Base Naval de Cartagena (Murcia). En setembro de 1938, xa alférez de navío, mandaba o tiro antiaéreo do cruceiro lixeiro Méndez Núñez.

O día 05/03/1939 abandona Cartagena coa frota republicana cara Bizerta (Tunes), era entón tenente de navío.

Exiliado en Tunes ata a súa morte no ano 1986.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha