Nacemento:
Morte:
Mestra, 29 anos. Casou no Carballiño (Ourense) en febreiro de 1933 co avogado e político José Echevarría Novoa. O seu home unírase ao republicanismo desde 1930, cando era secretario do Centro Republicano de Pontevedra, e participou por esta provincia no Pacto de Lestrobe. Logo José foi militante da Federación Republicana Galega (FRG) e da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA); máis tarde de Acción Republicana (AR) e, desde 1934, de Esquerda Republicana (ER), da que acadou a presidencia local en Pontevedra en 1935.
Proclamada a II República a José Echevarría designárono gobernador civil de Ciudad Real (1931-1932), de Alacante (1932-1933) e de Oviedo (1933).
Despois do triunfo da Fronte Popular (FP) sería gobernador civil de Xaén e de Biscaia desde o día 24/05/1936. Compromisario por Pontevedra para a elección do presidente da República, cargo que recaeu en Manuel Azaña Díaz. Cando residía en Biscaia renunciou a ser lendakari.
Exiliada.
Ao rematar a guerra civil José marchou cara o exilio en Panamá, Cuba e, finalmente, Estados Unidos. Finou en Miami no esquecemento.
Pasou a Francia e alí manifestou o seu desexo de emigrar a México.
Adela exiliouse en México; chegou a Veracruz o día 10/05/1939.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.