Nacemento:
Morte:
Casada co industrial, mestre de obras e político Marcelino Fernández Prada, o Poliño; tiñan sete fillos. Veciños de Ribas de Sil (Lugo).
O seu home foi militante do PSOE, elixido alcalde de Ribas de Sil o día 12/04/1931 ao proclamarse a II República, permanecendo no cargo ata o día 22/07/1936, agás de outubro de 1934 a febreiro de 1936; fundou a Agrupación Socialista Agraria (ASA) de San Clodio, vencellada á UXT, da que foi o primeiro presidente entre 1931 e 1933 e representou á AS de San Clodio no Congreso Extraordinario do PSOE en 1931. Marcelino participou de xeito activo na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, polo que tivo que fuxir a Portugal e estivo expatriado en Francia, onde permanece ata pouco antes das eleccións de febreiro de 1936, nas que se presentou como candidato polo PSOE de Lugo, sen resultar elixido; elixírono compromisario polos socialistas para a elección do presidente da República, cargo que recaeu en Manuel Azaña Díaz.
Vítima colateral.
Cando se produce o golpe de Estado Marcelino fixo fronte aos golpistas e despois permaneceu agochado no monte e no seu domicilio ata que o detivo a Garda Civil no ano 1939; xulgárono en 1937 e declarárono en rebeldía; volveron xulgalo en consello de guerra en Lugo o día 31/07/1941 polo delito de rebelión militar, na causa 1532/37, co resultado de sentenza á pena de morte, que lle conmutaron pola de cadea perpetua o día 20/10/1941 gracias aos moitas peticións que fixo a súa dona María.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.